Xornada 2 do XL Campionato de España de Natación Infantil de Inverno

20210306_nat_inf_iria

20210306_nat_inf_sofia

Tres medallas e dúas Mellores Marcas Galegas na segunda xornada do XL Campionato de España Infantil de natación de inverno.

Iria Lemos Fernández do C. N. Ponteareas e bolseira do CGTD proclamouse campioa de España en 100 libre cun tempo de 58.55 establecendo unha nova MMG de 15 anos. Ademais foi terceira en 100 bolboreta cun tempo de 1:05.59.

Sofía Carballo González do C. N. Ponteareas foi terceira en 100 braza con un tempo de 1:12.97 batendo a MMG de 15 anos que establecera na xornada de onte no parcial da proba de 200 braza. Tamén foi décima en 400 estilos con un tempo de 5:16.79.

Pablo Martín Novas do C. N. Galaico foi noveno en 400 libre cun tempo de 4:14.68

Na clasificación por clubs o C. N. Ponteareas ocupa a terceira posición provisional en categoría feminina.

Acceso a resultados