Control de Nivel de Natación Artística

O sábado reiniciamos a actividade competitiva na piscina Rosario Dueñas de Ourense coa celebración dunha xornada de control de nivel de Natación Artística que se desenvolveu con total normalidade cumprindo con todas as medidas de seguridade establecidas. Participaron 12 nadadoras de categoría alevín e 12 de categoría infantil pertencentes a 5 clubes, que intentaron superar as probas que lles permitirán participar en Campionatos Nacionais.