Nadadores galegos en Sabadell, Madrid e Cádiz

20210228_nat_miguel_martinez

Os nadadores galegos, Miguel Martínez, Paula Otero, Carla Carrón, Pablo Cabana, bolseiros do CGTD, e María de Valdés, participaron esta fin de semana en competicións de ámbito nacional disputadas en Sabadell, Madrid e Cádiz.

Miguel Martínez Novoa do R. C. N. Vigo participou no III Grand Prix OPEN de Sabadell, Memorial Paulus Wildeboer, acadando catro mellores marcas persoais destacando o primeiro posto en 200 bolboreta e segundo en 200 estilos.

Pola outra parte, Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo, Carla Carrón Muiña do C. N. Arzúa e Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas foron invitados como integrantes do equipo nacional ESP 2024, a participar no Campionato Absoluto e Júnior de inverno da Comunidade de Madrid con moi boas actuacións conseguindo varios primeiros postos e mellorando algunhas das súas marcas persoais.

Tamén María de Valdés Álvarez do C. N. Liceo participou no Campionato Absoluto e Júnior de inverno de Andalucía disputado en Cádiz.