Seguimento ao Wáter-polo Galego a nivel nacional

Despois do parón de nadal, os nosos deportistas retoman as competicións nacionais. O CN Sant Andreu, onde milita o ferrolán Óscar Montes, xogou fronte ao CN Echeyde, con vitoria para o equipo do galego por 8-11. Pola súa banda, o CN Sabadell, onde xoga o pontevedrés Alejandro Andión, venceu a súa partida fronte ao CN Mataró.

En categoría feminina, o equipo onde xoga a pontevedresa Mariña Casado, CD Waterpolo 98 02, non xogará ata a próxima semana fronte á Escola Waterpolo Zaragoza.