Catro nadadores galegos no Equipo Nacional ENA e ESP-2024

20200928_nat_esp2024

Tres nadadores galegos bolseiros do CGTD, entran a formar parte do Equipo Nacional ESP-2024. A Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo que xa estaba integrada neste grupo, súmanse Carla Carrón Muiña do C.N. Arzúa e Pablo Cabana del Amo do C.N. Ponteareas.

A nadadora María de Valdés Álvarez do C. N. Liceo, está por partida dobre xa que forma parte de equipo Nacional Absoluto tanto en natación como en augas abertas.

Ademáis, a nadadora asturiana Aroa Silva Fidalgo do C.N. Santa Olaya e bolseira do CGTD no grupo de Augas Abertas da RFEN, tamén entra neste grupo ESP-2024 do Equipo Nacional.