Agradecemento a Sara e Xavi

20200715_wat_sara_xavi

A Federación Galega de Natación, a través da área de wáter-polo, informa da non continuidade dos actuais seleccionadores das categorías infantil masculina e feminina. Sara Fernández Moreno (Seleccionadora Feminina) e Xavier Pérez Carpio (Seleccionador Masculino), non continúan en senllos cargos por diferentes motivos persoais e de dispoñibilidade. Desde a Federación agradecemos o enorme traballo que realizaron durante todos estes anos e a súa entrega polo wáter-polo galego.

Desexámoslles moita sorte e éxito a ambos nos seus proxectos e quedan abertas as portas para futuras colaboracións.