Tecnificación de Natación Artística

20200506_art_tec

O pasado sábado 2 de Maio realizouse unha sesión de tecnificación na que participaron nada máis nin nada menos que cinco países! Galicia foi representada por Noa Bobillo, Iria Fernández, Estela Ojea e Blanca Moyano do CNS Ourense; Daniela Suárez e Andrea Pazos do Club Galaico Sincro; Paula Carballeda e Blanca Fidalgo do RCN Vigo; e Helena López do D10 Lugo.

O traballo que se realizou foi moi diferente, empezando cun quecemento a cargo do Prof. Sebastián Mieres (Artísta, bailarín e profesor) quen está a cargo da danza do Club Estadio Maior de Chile. A parte principal da sesión foi dirixida por Carlos Véliz (Preparador Físico do mesmo club) e Sandra Montes (Dir. técnica NA da FEGAN), quen expuxo un traballo de coordinación e forza na máxima amplitude de movemento. A última parte da sesión de volta á calma e flexibilidade foi dirixida por Shara Múnera (Dir. Técnica da Selección de Antioquia, Colombia) e por Kimberly Vinck (Dir. Técnica da Selección de Bogotá, Colombia). Na sesión estivo presente o club OvarSincro (Portugal) dirixido tamén por Sandra Montes e o club Biguá de Uruguai, dirixido pola recoñecida mundialmente xuíz FINA, Victória Montedónico.

As nadadoras galegas demostraron un gran nível de preparación que foi felicitado polos diversos adestradores que dirixían a sesión. Foi unha gran oportunidade que nos está permitindo abrir portas internacionalmente. O vindeiro sábado día 9 de Maio as mesmas nadadoras volverán ter oportunidade de compartir un adestramento cos 5 paises, e xuntaranse as nadadoras junior e sénior galegas.

Ademais, o xoves 7 de maio teremos a 3ª sesión de adestramento de tecnificación a cargo de Sandra Montes, e tamén a primeira charla de Psicoloxía Deportiva a cargo de Anna Vives (Lic. en Psicoloxía e Máster en Psicoloxía do Deporte, e ex-adestradora da Selección Española de Natación Artística 2013-2017)

A natación artística non deixa de reinventarse en tempos de confinamento. Non vos perdades novas actualizacións.