María Peláez cos adestradores de natación

20200427_nat_maria_pelaez_1

20200427_nat_maria_pelaez_2

Na xornada deste luns, María Peláez compartiu unha charla cos adetradores de natación de clubes galegos.

María foi unha das máis importantes deportistas españolas, con participación en cinco Xogos Olímpicos, Campioa de Europa Absoluta de 200 bolboreta, máis de 50 veces campioa de España e 15 anos formando parte do Equipo Nacional.

Despois da súa retirada, traballou como técnico no CSD e na actualidad exerce como técnico deportivo no Ayto. de Majadahonda.

Hoxe fixo un repaso da sua experiencia e aprendizaxes cos diferentes adestradores cos que traballou dende os seus inicios en Málaga, pasando polos diferentes Centros de Adestramento da RFEN, en Italia e en clubes españois.