Reunións técnicas de Natación

Dende a semana pasada, o vogal de natación da Xunta Directiva da Federación, Santi Escudero e os adestradores do CGTD Luisa Domínguez e Fernando Zarzosa están a reunirse por videoconferencia cos adestradores de clubes galegos cun dobre obxectivo. Por unha banda, para valorar a evolución da situación actual compartindo a información obtida nas diferentes reunións que á súa vez teñen cos grupos da RFEN e analizar e debatir as diferentes posibilidades de competicións cara a fin da presente tempada e competición e tecnificación da seguinte.

O outro obxectivo e compartir e poñer en común, exemplos de traballo e sesións de "adestramento na casa"

Está previsto manter unha periodicidade semanal para estas reunións.

Acceso ó material «Adestra na casa»