XI Campionato España de Longa Distancia

20200223_aua_cto_esp_LD

Unha Mellor Marca Nacional e catro medallas no XI Campionato de España de Longa Distancia disputado en Barcelona.

Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo e bolseira do CGTD proclamouse Campioa de España de categoría júnior-1 betendo ademáis a Mellor Marca Nacional de 16 anos de 5000 m libre con un tempo de 57:46.02.

María de Valdés Álvarez do C. N. Liceo foi segunda en 5000 m libre en categoría sénior.

Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas foi terceiro en 5000 m libre de categoría júnior-1, nadadndo por debaixo da anterior MMN, que foi batida polo segundo clasificado.

Aroa Silva Fidalgo do C. N. Santa Olaya e bolseira do CGTD foi segunda en 5000 m libre de categoría júnior-2.

Acceso á web de resultados