Jacobo Garrido bate os Récords do Mundo de 800 e 1500 libre

20200120_mas_cto_gal_inv_portamina_total

O nadador Jacobo Garrido Brun do C. N. Liceo bateu os Récords do Mundo de 800 e 1500 libre da clase S-9 en piscina de 25m durante a disputa do Campionato de España AXA de xóvenes promesas disputado esta fin de semana en Madrid. Na proba de 1500 libre estableceu un tempo final de 16:27.99, e no pase de 800 metros, tamén un novo récord cun tempo de 8:47.66.