Campionato do Mundo Júnior de Wáter-polo

imaxeimaxe

O galego Óscar Montes, conseguiu unha magnífica 5ª praza no Mundial de Wáter-polo Júnior de Kuwait. A Selección Española completou así un gran campionato onde só perdeu un partido contra Croacia por unha diferenza mínima dun gol. Despois de quedar fóra das semifinais, á Selección Española tocáballe repoñerse dese golpe a nivel moral, e desa forma, poder superar como así foi (12-13), á potente selección de Estados Unidos. Despois, na xornada final, e o seu “final” particular fronte Montenegro pola 5ª praza, España non deu opción aos balcánicos, impoñéndose por 6-14 e conseguindo unha 5ª praza que deixa asegurado un futuro prometedor. Óscar xunto cos seus compañeiros realizaron un impresionante mundial.