Xornada 2 do Cto. España Absoluto inverno

20191115_nat_cto_esp_abs_400ei

20191115_nat_cto_esp_abs_oscar

20191115_nat_cto_esp_abs_miguel

Tres medallas, dúas mínimas para o Campionato de Europa Absoluto e tres Récords Galegos na segunda xornada do Campionato de España Absoluto de inverno.

María Vilas Vidal do C. N. Galaico e bolseira do CGTD proclamouse subcampioa de España na proba de 400 estilos cun tempo de 4:38.55, acadando a marca mínima do Campionato de Europa Absoluto que se disputará en Glasgow.

Beatriz Gómez Cortés tamén do C. N. Galaico e bolseira do CGTD foi terceira na mesma proba de 400 estilos con 4:39.20, acadando tamén a marca mínima do Campionato de Europa Absoluto que se disputará en Glasgow.

Oscar Pereiro Carril do C. N. Arzúa proclamouse subcampión de España en 50 costas con 24.49.

Miguel Martínez Novoa do R. C. N. Vigo bateu por duas veces o RG na proba de 400 estilos. Nas eliminatorias cun tempo de 4:20.98 e na xornada de tarde con 4:18.49, gañando a final B.

O equipo de remudas 4x50 libre masculino do C. N. Arzúa formado por Óscar Pereiro, Marcos García, Raúl Segade e Brais Senín, bateu o RG da proba con 1:32.03.

Outros nadadores finalistas foron:

Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo e bolseira do CGTD foi cuarta en 400 estilos con 4:48.23.

Alba Gómez Mesías do C. N. Arteixo acadou o posto 11 en 100 libre con 56.32.

Daniel Sánchez Louzán do C. N. Galaico acadou o posto 12 en 50 costas con 25.64.

Carlos Souto Vilas do C. del Mar e bolseiro do CGTD acadou o posto 15 en 200 braza con 2:18.11.

Acceso á web do campionato