Xornada 1 do Cto. España Absoluto inverno

20191114_nat_cto_esp_abs_cnarzua

Comezou a disputarse na piscina do C. N. Santa Olaya de Gijón o LXIII Campionato de España Absoluto de inverno con un Récord Galego, unha Mellor Marca Galega e varios postos de finalista para os nadadores de clubes galegos.

O equipo masculino do C. N. Arzúa, formado por Óscar Pereiro, Marcos García, Brais Senín e Raúl Segade, estableceu un novo RG na proba de 4x50 estilos cun tempo de 1:42.39, acadando o posto 12.

Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo e bolseira do CGTD, foi novena na proba de 400 libre establecendo unha MMG de 15 anos con un tempo de 4:11.35.

María Vilas Vidal do C. N. Galaico e bolseira do CGTD foi cuarta en 400 libre cun tempo de 4:09.38.

Beatriz Gómez Cortés do C. N. Galaico e bolseira do CGTD acadou o posto 14 en 100 estilos con 1:04.06 en eliminatorias.

Miguel Martínez Novoa do R. C. N. Vigo e do grupo de adestramento do CGTD, foi noveno en 100 bolboreta con 53.86.

Gaspar Andrade Budiño do C. N. Liceo foi oitavo en 1500 libre con 15:14.59.

Acceso á web do ampionato