Tecnificación de Wáter-polo

20191111_wat_concentracions_tec

O sábado tiveron lugar no Centro Galego de Tecnificación Deportiva as II xornadas de tecnificación de Wáter-polo infantil para os clubes da zona sur e infantil feminina. Co obxectivo de preparar a participación no vindeiro Campionato de España de WP por Comunidades Autónomas no mes de abril, os deportistas galegos tiveron unha sesión moi produtiva.