Tecnificación de natación

20191111_nat_GES_1

20191111_nat_GES_2

O venres celebrouse no CGTD de Pontevedra a primeira xornada de tecnificación de natación, cunha xornada de adestramento coa práctica totalidade dos deportistas que integran neste momento o Grupo Especial de Seguimento (GES), acompañados de varios dos seus adestradores.

Ademáis, e mentres os nadadores adestraban, levouse a cabo unha charla dirixida a os pais a cargo do psicólogo deportivo, Iago Roel.