Xornada 4 do Cto. de España de Natación Absoluto e Júnior de Verán

Dúas medallas de nadadores de clubes galegos na cuarta xornada do Campionato de Tarrasa.

María de Valdés Álvarez do C. N. Liceo acadou unha nova medalla, nesta xornada a de prata nos 800 libre do campionato de categoría absoluta con un tempo de 8:46.02.

Raquel Cando Santos do C. N. Portamiñá acadou a sua segunda medalla, nesta xornada tamén a prata nos 800 libre do campionato júnior (16 anos) con unha marca de 9:06.64.

Outros nadadores finalistas foron:

María Vilas Vidal do C. N. Galaico e bolseira do CGTD foi cuarta nos 800 libre do campionato absoluto con 8:49.37.

Beatriz Gómez Cortés do C. N. Galaico foi quinta nos 800 libre do campionato absoluto con 8:53.63.

Jorge García Moreno do C. N. Liceo foi sétimo nos 400 libre do campionato absoluto con 4:00.01.

Alba Gómez Mesías do C. N. Arteixo e bolseira do CGTD acadou o posto 14 en 100 libre do campionato absoluto con 58.09.

Martín Pardo Pernas do C. Fluvial de Lugo foi sexto en 400 libre de categoría júnior (17 anos) con 4:05.00.

Bruno Rey de Barros do C. N. Galaico foi sexto en 400 libre de categoría júnior (18 anos) con 4:05.94.

Javier Alonso Rodríguez do C. N. Ponteareas foi sétimo en 400 libre de categoría júnior (18 anos) con 4:12.10.

Martín López Franco do C. N. Riveira foi sétimo en 200 braza de categoría júnior (18 anos) con 2:27.37.

Marco Guiotto Sánchez do C. del Mar foi noveno en 200 braza de categoría júnior (18 anos) con 2:27.89 en eliminatorias.

Igor Arce Rodríguez do C. D. N. Cidade de Santiago fois sexto en 200 costas de categoría júnior (17 anos) con 2:09.27 en eliminatorias.

A nadadora Aroa Silva Fidalgo bolseira do CGTD e do C. N. Santa Olaya foi terceira en 800 libre de categoría júnior (17 anos) e oitava en categoría absoluta, con un tempo de 9:00.45.

Acceso á web do campionato