Xornada 3 do Cto. de España de Natación Absoluto e Júnior de Verán

Tres novas medallas de nadadores de clubes galegos na terceira xornada do Campionato Absoluto e Júnior de verán.

María de Valdés Álvarez do C. N. Liceo foi segunda en 400 libre en categoría absoluta con 4:16.29.

Martín Pardo Pernas do C. Fluvial de Lugo foi segundo en 1500 libre de categoría júnior (17 anos) con 16:22.16.

Marcos García Garay do C. del Mar e bolseiro do CGTD foi segundo en 200 bolboreta de categoría júnior (18 anos) e quinto de categoría absoluta con 2:03.76.

Outros nadadores finalistas foron:

María Vilas Vidal do C. N. Galaico e bolseira do CGTD, sexta en 400 libre de categoría absoluta con 4:21.83.

Alba Gómez Mesías do C. N. Arteixo e bolseira do CGTD foi novena en 400 libre de categoría absoluta con 4:22.86.

Raquel Cando Santos do C. N. Portamiñá foi cuarta en 400 libre de categoría júnior (16 anos) con 4:28.56.

Marco Guiotto Sánchez do C. del Mar foi cuarto en 1500 libre de categoría júnior (18 anos) con 16:11.08.

Manuel Simón Cotelo do C. N. Liceo foi sexto en 1500 libre de categoría júnior (18 anos) con 16:40.58.

Javier Alonso Rodríguez do C. N. Ponteareas foi sétimo en 1500 libre de categoría júnior (18 anos) con 16:41.37.

Bruno Rey de Barros do C. N. Galaico foi oitavo en 1500 libre de categoría júnior (18 anos) con 16:42.08.

Ademais, a nadadora Aroa Silva Fidalgo, bolseira do CGTD e do C. N. Santa Olaya foi terceira en dúas probas da categoría júnior (17 anos): en 400 libre con 4:19.88 e en 200 bolboreta con 2:20.03.

Acceso á web do campionato