Xornada 1 do Cto. de España de Natación Absoluto e Júnior de Verán

20190803_nat_cto_esp_abs

Catro medallas na primeira xornada do CVII Campionato de España Absoluto OPEN de verán e XLI Campionato de España Júnior de verán que se disputa do 3 ao 7 de agosto en Tarrasa.

María de Valdés Álvarez do C. N. Liceo proclamouse campioa de España absoluta en 1500 libre cun tempo de 16:28.52.

María Vilas Vidal do C. N. Galaico e bolseira do CGTD foi segunda nos 1500 libre do campionato absoluto con 16:47.24

Raquel Cando Santos do C. N. Portamiñá foi primeira en 1500 libre do campionato júnior (16 anos) con 17:23.18. Ademais foi oitava no campionato absoluto.

Martín Pardo Pernas do C. Fluvial de Lugo foi primeiro en 800 libre do campionato júnior (17 anos) con 8:27.35.

Outros nadadores destacados que acadaron postos de finalista foron:

Jorge García Moreno do C.N. Liceo, oitavo en 800 libre absoluto con 8:18.77.

Carla Faro Martínez do C. N. Ponteareas e bolseira do CGTD, foi oitava en 1500 libre de 16 anos con 18:00.66.

Pablo Galán Vicente do C. del Mar e bolseiro do CGTD foi cuarto en 800 libre de 17 anos con 8:36.55.

Bruno Rey de Barros do C. N. Galaico foi cuarto en 800 libre de 18 anos con 8:30.28.

Javier Alonso Rodríguez do C. N. Ponteareas foi sexto en 800 libre de 18 anos con 8:38.73.

Manuel Simón Cotelo do C. N. Liceo foi oitavo en 800 libre de 18 anos con 8:40.47

Acceso á web do campionato