Xornada 2 do Campionato de España de Natación Artística Infantil de 2ª División

20190719_nat_cto_esp_ale

Destacada actuación das nadadoras do R.C.N. Vigo na segunda xornada do II Campionato de España de Natación Artística Infantil de 2ª División que se está a disputar na piscina do CD Javier Gómez Noya de Ferrol.

Na rutina de equipo o R.C.N. Vigo acadou o cuarto posto de 26 participantes.

Outros resultados destacados foron:

Laura Yague Quiroga do R.C.N. Vigo foi 10ª en solo e en figuras

Carmen Borrajo e Candela Fidalgo, tamén do R.C.N. Vigo foron sextas en dúo

O C. Sincro Ourense foi 9º en rutina de equipo

Carmen Borrajo Ruiz do R.C.N. Vigo foi 15ª en solo

Paula González e Laura Yague do R.C.N. Vigo foron 15ª en dúo

Acceso á web do campionato