Campionato de España de Natación Artística Infantil de 2ª División en Ferrol

20190715_art_cto_esp_infa_div2

Hoxe presentouse o Campionato de España de Natación Artística Infantil de 2ª División que se vai celebrar na piscina do C. D. Javier Gómez Noya de Ferrol do 19 ao 21 de xullo.

Ao acto, que tivo lugar na sede da Xunta de Galicia en Ferrol, acudiron Roberto García, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Coruña, Charo Vázquez, presidenta do Club Sincro Ferrol, Carlos Touriño, Presidente da Federación Galega de Natación e Carla Lagoa, adestradora do Club Sincro Ferrol.