Tecnificación de Wáter-polo

20190711_wat_tecnificacion_fem

As xogadoras de wáter-polo Andrea Andión Valiñas e Izaskun Telleria Seoane estarán desde o mércores 10 ao sábado 13, nunha concentración co equipo do C. N. Sabadell. Esta actividade está dentro do Plan Autonómico de Tecnificación da área de Wáter-polo. As xogadoras galegas estarán a realizar adestramentos e partidos amigables coas xogadoras cadetes de Sabadell que están a preparar o Campionato de España Cadete Feminino. Xunto ás xogadoras desprázase o Director Técnico de Wáter-polo da FEGAN, Enrique Garcia Ordoñez.