Xornada 2 do Cto. España de Wáter-polo Cadete Masculino

20190706_wat_cartel_cto_esp_cade

O Club Waterpolo Pontevedra continuou onte o Campionato de España de Wáter-polo Cadete Masculino que se celebra en Lloret do Mar. Despois dunha derrota fronte ao C. N. Metropole, tiña que gañar e cunha diferenza de goles que puidese dar a oportunidade de meterse en oitavos de final, e así foi, gañando a Askartza por 13-9 e entrando nos oitavos.

Pola tarde xogou contra o C. N. Mataró, onde o equipo Catalán mostrouse superior, vencendo por 18-2. Hoxe xogarán ás 10:00 fronte ao C. N. Xerez polas posicións 9º-16, e pola tarde se gañan, fronte o vencedor ou perdedor da eliminatoria entre Askartza e Navarra.