Xornada 1 do Cto. España de Wáter-polo Cadete Masculino

20190705_wat_cto_esp_cade_pontevedra.jpg

O Club Waterpolo Pontevedra comezou onte o Campionato de España de Waterpolo Cadete Masculino fronte ao C. N. Metropole, onde a pesar de non ter un resultado favorable, derrota por 12-9, foi un partido con dúas fases, unha negativa sobre todo en defensa e a outra cunha lixeira remontada pero os Canarios non deixaron lugar á sorpresa. Hoxe xogarán fronte a Claret Askartza ás 9:00 o último partido de grupos, e pola tarde dependendo do resultado, xogarán os oitavos de final ou polas posicións 17º-21º.