Cto. de España de Wáter-polo Cadete Masculino

Desde 4 até o 7 de xullo, disputarase en Lloret del Mar o Campionato de España de Wáter-polo Cadete Masculino por Clubes, onde Galicia terá como representante ao Club Waterpolo Pontevedra. Este campionato que conta con 21 participantes de todo o territorio nacional, terá unha primeira fase de grupos e unha posterior fase de eliminatorias. O equipo galego está encadrado no grupo A, xunto ao Claret Askartza (País Vasco) e Metropole (Canarias). O C. W. Pontevedra disputará o seu primeiro partido o xoves 4 fronte a Metropole ás 14:00, para posteriormente pechar a fase de grupos fronte a Askatza o venres ás 09:00.