Alejandro Andión, mellor xogador do Cto. España de Wáter-polo Xuvenil

20190701_wat_alex_andion

O xogador do Club Waterpolo Pontevedra, Alejandro Andión Valiñas, foi nomeado esta fin de semana mellor xogador do Campionato de España de Waterpolo Xuvenil de 2ª Categoría. O mozo xogador galego, que aínda é da categoría cadete, obtén así un merecido premio á súa traxectoria deportiva e esforzo. Esperamos que este recoñecemento individual sirva para que teña algunha oportunidade en futuras convocatorias de tecnificación nacional.