Carlos Souto na Mediterránean Cup

20190619_nat_carlos_souto

O nadador Carlos Souto Vilas do C. N. Liceo e bolseiro do CGTD participa co equipo nacional do 21 ao 23 de xuño na XVII Mediterránean Cup que se disputa en Bourgas (Bulgaria). Carlos vai nadar 100 e 200 braza, 200 e 400 estilos.

A esta competición tamén está convocada Luisa Domínguez, adestradora do CGTD, como integrante do cadro técnico.