Campionato de España de Augas Abertas

20190617_aua_cto_esp_banyoles

Esta fin de semana disputouse en Banyoles o Campionato de España de Augas Abertas OPEN no que os nadadores e clubes galegos acadaron importantes resultados en forma de podios e clasificacións para competicións internacionais.

Na proba de 5000 feminino absoluto, María de Valdés do C. N. Liceo foi segunda e María Vilas do C. N. Galaico e bolseira do CGTD foi terceira.

En 7500 Jun-1 feminino, Aroa Silva do C. Santa Olaya e bolseira do CGTD foi terceira.

En 5000 infantil masculino, Pablo Cabana do C. N. Ponteareas e bolseiro do CGTD foi terceiro.

En 5000 infantil feminino, Paula Otero do C. N. Liceo e bolseira do CGTD foi primeira.

En 10000 absoluto feminino, María de Valdés do C. N. Liceo foi terceira.

En 10000 Jun-2 feminino, Carla Goyanes do C. N. Galaico e bolseira do CGTD foi segunda.

Os nadadores Pablo Cabana, Paula Otero, Carla Goyanes e Aroa Silva, acadaron a clasificación para o Campionato de Europa júnior-infantil que se disputará do 2 ao 4 de agosto en Racice (Chequia) e ademais, Pablo Cabana, Paula Otero e Aroa Silva clasificáronse para participar na Copa COMEN que se disputará no mes de outubro en Larnaca (Chipre).

Na proba de remudas 4x1250 mixto, houbo pleno de clubes galegos no pódio co C. N. Liceo primeiro, o C.N. Galaico segundo e o C.N. Ponteareas terceiro.

Na clasificación por clubes absoluta, o C. N. Liceo proclamouse Campión de España na categoría feminina, sendo o C. N. Galaico segundo con C. N Ponteareas quinto e C. del Mar sétimo.

Na categoría feminina, o C. N Liceo foi segundo e o C. N. Galaico terceiro co C. del Mar cuarto e C. N. Ponteareas quinto.

Tamén se disputou o campionato Máster sobre unha distancia de 3000 metros con David Rodríguez do C. DEP. N. Cidade Santiago primeiro e Rubén Domínguez do Real C. Náutico Vigo segundo en categoría +30. Estíbaliz Bugallo do Real C. Náutico Vigo foi segunda en +25 e Maite García Colomo do C. N Pabellón, primeira en +50, e Rudy Carlos Palamedi do A.D Fogar foi segundo en categoría +60.

Acceso á web do campionato.