Xornada 2 do torneo de wáter-polo en Lisboa

20190610_wat_lisboa_fem

20190610_wat_lisboa_mas

As Seleccións de wáter-polo Galegas xuvenil feminina e cadete masculina, finalizaron o 2º Torneo Polo Acuático ANL- EPAL cunha 3ª e 1ª praza respectivamente.

As xogadoras enfrontábanse o domingo pola mañá á Associaçao Nataçao de Lisboa, por unha praza na final, pero despois dalgúns erros en ataque, caeron derrotadas por un axustado 8-6, quedando fóra da final, e xogando o bronce fronte á Associaçao Nataçao Destrito Santarem, con vitoria para as Galegas por un cómodo 21-2, e obtendo desa forma a medalla de bronce. Gran torneo do equipo feminino, que a pesar de contar con só 2 xogadoras de segundo ano e 4 da categoría na que xogaban (xuvenil), competiron a bo nivel e a pesar de non poder chegar á final púidose ver como o nivel feminino en Galicia está a subir.

Pola súa banda, o equipo masculino venceu pola mañá á Associaçao Natacço de Lisboa comodamente por 1-11, enfrontándose na final novamente fronte á Associaçao Nataçao Norte Portugal, nun igualado partido onde ao final os Galegos conseguiron a vitoria por 9-8 e por tanto facéndose co 2ª Torneo Polo Aquático ANL- EPAL.

A nivel individual cabe destacar que recibimos o trofeo ó equipo menos goleado, mérito dos nosos porteiros Iago Garabato e Diego Varela, e mención especial para o mellor xogador do torneo, Alejandro Andión. Desde a Federación queremos agradecer á Associacao Natacao de Lisboa pola invitación a este torneo e estamos convencidos de que este será o comezo dunha colaboración entre ambos os territorios co fin de crecer deportivamente.