Xornada 1 do torneo de wáter-polo en Lisboa

20190609_wat_lisboa_fem

20190609_wat_lisboa_mas

As Seleccións Galegas Xuvenil Feminina e Cadete Masculina de Wáter-polo comezaron o 2º Torneo de Polo Aquatico ANL- EPAL este sábado.

As primeiras en xogar foron o equipo feminino fronte á Seleçao Rexional dá ANNP, caendo derrotadas por un axustado 9-7, mentres o segundo partido fronte á Seleçao Rexional de ANDS tivo unha cómoda vitoria por 1-19. A xornada do domingo xogarán ás 9:00 fronte á Seleçao Rexional de ANL por unha praza na final.

Pola súa banda, o equipo masculino abriu o marcador fronte á Seleçao Rexional de ANNP, vencendo por un axustado 13-15, e o segundo partido fronte á Seleçao Rexional da ANA venceu por un cómodo 0-21. O domingo xogarán o último partido de grupo fronte á Seleçao Rexional dá ANL por unha praza na final do torneo.