Torneo de Wáter-polo en Lisboa

20190605_wat_anl_epal

Esta fin de semana terá lugar o II Torneo Polo Aquático ANL- EPAL, no que Galicia participa cunha Selección Cadete Masculina e unha Selección Xuvenil Feminina. O torneo comezará o sábado 8 de xuño, cun formato de liguiña de 4 equipos e cruces polas posicións finais.

O equipo masculino xogará fronte a unha Selección Rexional de ANL, Selección Rexional ANNP e Selección Rexional ANA. Pola súa banda o equipo feminino xogará fronte a unha Selección Rexional de ANL, Selección Rexional ANNP e Selección Rexional ANDS. Cada equipo xogará en dous días 4 partidos, polo que será unha boa oportunidade para medir o noso nivel co país veciño.

Deste xeito, a participación competitiva da Federación Galega de Natación para esta tempada quedará finalizada, cumprindo outro dos obxectivos do Plan de Tecnificación de Wáter-polo que se está levando a cabo.