Carla Goyanes, clasificada para o Europeo de Augas Abertas júnior e gran acutación de María Vilas

20190524_aua_francia_maria_carla

Carla Goyanes García do C. N. Galaico e bolseira do CGTD acadou en Francia a clasificación directa para o Campionato de Europa de Augas Abertas Júnior ao ser a primeira nadadora española júnior clasificada na proba de 10 Km.

Pola súa banda, María Vilas Vidal do C. N. Galaico e bolseira do CGTD tivo unha gran actuación sendo a segunda nadadora española absoluta e quedando a criterio da dirección técnica a sua clasificación para Campionato do Mundo absoluto. María acadou o noveno posto xeral nunha proba con participantes de gran nivel, entre as que estaba a campioa olímpica en Río.

María de Valdés Álvarez do C. N. Liceo non puido concluír a proba por problemas físicos.