Play-off de ascenso a 2ª División nacional de wáter-polo

Este domingo disputouse a 2ª xornada do play-off de ascenso a 2ª división nacional. Nesta ocasión o C. W. Santiago, como representante galego desprazouse a Tenerife para enfrontarse ao Canaragua Tenerife Echeyde, onde caeu derrotado por 18-8. Pese ao resultado a imaxe do equipo da capital foi moi boa, competindo en todo momento diante dun equipo con ampla experiencia. A última xornada do grupo será a fin de semana do 1-2 de xuño en Barcelona, tendo como organizador ao Poble Nou.