Play-off de ascenso á segunda división

20190513_wat_play-off

Disputouse na piscina de Santa Isabel en Santiagode Compostela, o primeiro dos encontros do play-off de ascenso á segunda división nacional entre o C. W. Santiago e o Canaragua Tenerife Echeyde con vitoria para o equipo canario por 6-16.

Esta fin de semana comezou o playoff de ascenso á Segunda División Nacional Masculina. Un novo formato con dous grupos de tres equipos cada un e no que cada equipo exerce de anfitrión nun dos tres fins de semana. Esta primeira fin de semana una das sedes foi Santiago de Compostela, podendo gozar dun wáter-polo de nivel nacional.

O primeiro partido do C. W. Santiago foi o venres fronte ao Canaragua Tenerife Echeyde, o cal cun equipo de xogadores con longa experiencia, conseguiu a vitoria por 6-16. O domingo disputouse a segunda xornada fronte ao Poble Nou cunha nova derrota do C. W. Santiago por 3-12.

A pesar dos resultados o equipo galego demostrou moi boa imaxe, podendo medirse a equipos de gran nivel. Agora quedan dúas fins de semana. O vindeiro os da capital desprazásense a Tenerife e o 1 de xuño a Barcelona.

Acceso á web do campionato.