Xornada de tecnificación de wáter-polo

20190417_wat_concentracion_alevin

Apenas 48 horas despois da finalización do Cto. de España de wáter-polo infantil por CCAA, a Federación comezou a traballar co seu novo plan de tecnificación. Este ambicioso plan, que estamos a asentar aos poucos, inclúe como novidade a categoría alevín, onde se realizará un seguimento e estableceranse unhas bases para o seu mellor desenvolvemento.

Na xornada de onte celebrouse a I Concentración Alevín Mixta, onde unha trintena de deportistas comezaron a súa andaina. A mellor noticia foi a gran afluencia a pesar das datas, e a representación de todos os clubes galegos, a excepción do novo Club Waterpolo Lugo que seguro se incorporará en breve. Esta concentración será a primeira que enmarca este novo proxecto para o wáter-polo galego.