Izaskun Tellería, máxima goleadora do Cto. España Infantil por CCAA

20190417_wat_cto_esp_infa_ccaa_izaskun

Ademais do bo papel da Selección Galega de Wáter-polo Feminina no Campionato de España por Autonomías, temos que destacar a nivel individual o papel que protagonizou a xogadora galega Izaskun Tellería Seoane, a cal foi a máxima goleadora do Campionato, cun total de 23 goles. Aínda que o bo papel das mozas é un traballo colectivo, temos que dar os parabéns á xogadora do Club Waterpolo Pontevedra por este logro individual, que non deixa de ser un logro para o wáter-polo galego, e que demostra que con dedicación pódese conseguir grandes metas.