Xornada 2 do Cto. España de Wáter-polo Infantil por CCAA

20190413_wat_cto_esp_infa_ccaa

Na segunda xornada do Campionato de España de Wáter-polo por Comunidades Autónomas que se está disputando en Elxe, os resultados non acompañaron como no día anterior. A Selección feminina xogou fronte a unha das favoritas ao título, competindo durante todo o partido, onde finalmente o resultado foi para as madrileñas por 5-15. Máis tarde xogaron contra Valencia, rival sempre difícil, pero as galegas plantaron cara ata o final, chegando ao último cuarto perdendo por un gol, que finalmente foi favorable para Valencia por 7-4. Desta forma a selección galega feminina queda nunha terceira posición de grupo, que a fará cruzar hoxe a Baleares polas posicións 5º - 8º.

A Selección masculina pola súa banda, comezou a xornada maratoniana de 3 partidos fronte a Murcia, partido onde empezaron gañando os nosos, pero diferentes erros de concentración fixeron que o resultado se decantase a favor de Murcia por 9-8. Xa o segundo partido fronte a Ceuta, os galegos mostraron mellor nivel, a pesar de obter novamente un resultado adverso de 6-8, e finalmente fronte a Portugal con derrota por 3-11. Isto leva á selección masculina á cuarta praza de grupo, tendo que competir o 13º - 14º posición o domingo ás 9:00. A pesar de non acompañar os resultados, onde perdemos 2 partidos con resultados moi axustados, os xogadores están a facer un bo campionato e continuando coa súa progresión.

Acceso á web do campionato.