Comezou o Cto. España de Wáter-polo Infantil por CCAA

20190412_wat_cto_esp_infa_ccaa

As Seleccións Galegas de Wáter-polo Infantil comezaron onte en Elche á competición. Os primeiros en xogar este Campionato de España de Wáter-polo por Comunidades Autónomas foi a sección feminina, fronte a Aragón. As xogadoras galegas, a pesar de ter en fronte a un duro rival souberon estar á altura e superar os nervios do primeiro día, onde comezaron perdendo, pero conseguiron remontar e chegar ao final do partido cun marcador favorable por 5-4. Máis tarde volveron xogar con Portugal, que por primeira vez disputa un campionato desta categoría, onde despois dun partido moi axustado onde tiveron moitos erros en ataque, conseguiron a vitoria ao final do partido por 9-7. Hoxe tocaralles xogar fronte a Madrid ás 12:00 e finalizará a xornada e fase de grupos ás 18:00 fronte a Valencia.

A selección masculina foi a segunda en entrar en escena, fronte á La Rioja, neste caso comezaron coa máxima intensidade posible, e conseguiron distanciarse no marcador, acadando un resultado final de 10-0. Hoxe enfrontaranse ás 9:00 a Murcia, ás 15:00 a Ceuta e finalizará a xornada cun terceiro partido, contra Portugal, que do mesmo xeito que no feminino, participa por primeira vez nesta competición.

Acceso á web do campionato.