Xornada 4 do Cto. España de Natación Infantil de Inverno

Rematou o Campionato de España de Natación Infantil de Inverno con dúas novas medallas de ouro para Paula Otero e unha de bronce para Carlos Souto, ademais de dúas MMG.

Paula Otero Fernández do C. N. Liceo e bolseira do CGTD proclamouse campioa de España en 200 estilos con 2:22.30, batendo a MMG de 15 anos e tamén en 400 libre con 4:22.07 acadando unha nova mínima para a FOJE.

Carlos Souto Vilas do C. N. Liceo e bolseiro do CGTD foi terceiro en 200 estilos con 2:12.42 batendo a MMG de 16 anos.

Outros nadadores finalistas foron:

Eva Feijoo Gómez do C. N. Pabellón Ourense foi quinta en 50 libre con 27.49.

Ana Cernadas González do C. Fluvial de Lugo e bolseira do CGTD foi 12ª en 50 libre con 27.90.

Julia Rodríguez Alonso do Real C. Náutico Vigo acadou o posto 14 en 100 bolboreta con 1:06.84.

Emiliano García Domínguez do C. Dep. N. Cidade de Santiago acadou o posto 16 en 100 bolboreta cun tempo de 1:00.26 en eliminatorias.

Alicia Bouzas Pedreira do C. N. Galaico foi novena en 400 libre con 4:33.50.

Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas e bolseiro do CGTD foi 11º en 400 libre con 4:13.00.

Acceso á web do campionato.