Xornada 3 do Cto. España de Natación Infantil de Inverno

20190316_nat_paula_otero

Dúas novas medallas de ouro, un bronce e cinco MMG na terceira xornada en Gijón.

Paula Otero Fernández do C.N. Liceo e bolseira do CGTD proclamouse hoxe dobremente campioa de España nas probas de 200 bolboreta e 800 libre, acadando as mínimas nas dúas probas para a FOJE. Ademais bateu tres MMG de 15 anos: dúas veces en 200 bolboreta con 2:19.86 en eliminatorias e 2:17.83 na final.

Carlos Souto Vilas do C. N. Liceo e bolseiro do CGTD foi terceiro en 200 braza con 2:25.28.

Rosalía Marín Martínez do C. N. Coruña bateu a MMG de 15 anos en 100 costas 1:06.51, acadando o sexto posto.

Antía Gómez Taibo do C. N. Arteixo bateu a MMG de 14 anos en 100 costas con 1:07.43, acadando o 10º posto.

Outros nadadores finalistas foron:

Ana Cernadas Rodríguez do C. Fluvial de Lugo e bolseira do CGTD, foi cuarta en 200 libre con 2:08.05. Ademais nadou 100 costas, clasificándose para a final 1:07.83.

Eva Feijoo Gómez do C. N. Pabellón Ourense, foi 12ª en 200 libre con 2:10.34.

Carla Carrón Muiña do C. N. Arzúa foi 13ª en 200 libre con 2:10.86.

Martín Vázquez López do C. N. Portamiñá foi sexto en 100 costas con 1:01.42.

Mario Méndez Puga do C. N. Rias Baixas acadou o posto 11 en 800 libre con 8:49.25. Tamén nadou 200 bolboreta, clasificándose para a final cun tempo de 2:14.80.

Julia Rodríguez Alonso do Real C. Náutico Vigo foi 12ª en 200 bolboreta con 2:26.27.

Yoel Suárez mato do C. del Mar foi 12º en 200 braza con 2:32.51.

Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas e bolseiro do CGTD foi sexto en 800 libre con 8:40.34.

Alicia Bouzas Pedreira do C. N. Galaico foi sétima en 800 libre con 9:24.65.

Acceso á web do campionato.