Xornada 2 do Cto. España de Natación Infantil de Inverno

20190315_nat_paula_otero_carlos_souto

Dúas medallas de ouro e cinco Mellores Marcas Galegas na segunda xornada do nacional infantil.

Paula Otero Fernández do C. N. Liceo e bolseira do CGTD proclamouse campioa de España en 400 estilos cun tempo de 4:57.48, acadando a mínima para participar na FOJE que se disputará no mes de xullo en Bakú (Azerbaiyán).

Carlos Souto Vilas do C. N. Liceo e bolseiro do CGTD, tamén se proclamou campión de España en 400 estilos batendo por dúas veces a MMG de 16 anos. Nas eliminatorias cun tempo de 4:37.39 e na final con 4:36.36. Tamén nadou 100 braza, acadando o 7º posto con 1:07.74 en eliminatorias.

Ana Cernadas González do C. Fluvial de Lugo e bolseira do CGTD bateu por dúas veces a MMG de 15 anos en 100 libre. Nas eliminatorias cun tempo de 59.38 e na final, na que acadou o cuarto posto, con 59.17. Ademais, tamén estableceu unha nova MMG de 15 anos en 200 costas cun tempo de 2:23.55 nas eliminatorias. Na final, acadou o 7º posto.

Outros nadadores destacados que acadaron postos nas finais foron:

Eva Feijoo Gómez do C. N. Pabellón Ourense, décima en 100 libre con 59.80.

Alicia Bouzas Pedreira do C. N. Galaico, posto 12 en 400 estilos con 5:16.34.

Julia Rodríguez Alonso do Real C. Náutico Vigo, posto 14 en 400 estilos con 5:18.50.

Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas e bolseiro do CGTD, oitavo en 400 estilos con 4:44.03 nas eliminatorias.

Mario Méndez Puga do C. N. Rias Baixas, 12º en 400 estilos con 4:48.46.

Rosalía Marín Martínez do C. N. Coruña, 11º en 200 costas con 2:25.67.

Martín Vázquez López do C. N. Portamiñá, foi noveno en 200 costas con 2:13.63.

Carlos Silva Sieira do C. N. Liceo foi 12º en 200 costas con 2:14.91.

Yoel Suárez Mato do C. del Mar foi 12º en 100 braza con 1:09.70.

Acceso á web do campionato.