Xornada 1 do Cto. España de Natación Infantil de Inverno

20190315_nat_pablo_cabana

Comezou a disputarse o XXXIX Campionato de España de Natación Infantil de Inverno na piscina do C. N. Santa Olaya de Gijón, e na primeira xornada na que so se disputou a proba de 1500 libre, Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas e bolseiro do CGTD acadou o terceiro posto e medalla de bronce cun tempo de 16:21.68.

Tamén destacou con posto de finalista, Mario Méndez Puga do C. N. Rias Baixas, 12º en 1500 libre con 16:45.92.

Acceso á web do campionato.