Liga Galega de Wáter-polo (9 e 10 de marzo)

Resultados dos encontros de ligas de wáter-polo nas diferentes categorías:

Liga masculina 1D - playoff: novas vitorias do C. W. Pontevedra diante do C. Marina Ferrol (16-11) e do Real C. Náutico Vigo diante do C. W. Pabellón Ourense (13-4) co que acadan así a clasificación para a segunda ronda do playoff que os enfrontará respectivamente ao C. N. Coruña e C. W. Santiago.

Liga cadete mixta: vitorias locais do C. W. Pontevedra diante do C. W. Santiago (17-4) e do Real C. N. Vigo diante do Asociación Coruñesa de Waterpolo (11-5).

Liga infantil mixta: vitoria local do Real C. Náutico Vigo diante do Asociación Coruñesa de Waterpolo (10-0).

Liga alevín: vitorias locais do C. W. Pontevedra A diante do C. W. Santiago A (5-3) e do Real C. Náutico Vigo diante do C. W. Cambre (10-0), e vitoria a domicilio do C. W. Santiago B na súa visita ao CW Pontevedra B (2-7).

Liga benxamín: vitoria a domicilio do C. W. Santiago na súa visita ao C. W. Pontevedra (3-7). Con esta vitoria o C. W. Santiago proclamase Campión da Liga benxamín que disputaron estes dous equipos.

Ler máis.