Xornada 2 do V Cto. de España idade escolar por CCAA - CSD

A Selección Galega ascendeu un posto na xornada final na clasificación total, acadando finalmente a oitava posición do V Campionato de España de Natación de Categoría en Idade Iscolar por Seleccións Autonómicas - CSD, por detrás de Cataluña, Andalucía, Madrid, Castilla la Mancha, Illes Balears, Asturias e a Comunidade Valenciana.

Na categoría feminina acadouse o 8º posto e na masculina o 12º posto.

Tamén se disputou o Campionato de Natación Adaptada no que Galicia tiña unha única representante, Martína Sande Martins.

Acceso á web dos resultados.