Xornada 2 do VII Cto. de España Júnior e Infantil por CCAA

Unha nova Mellor Marca e varios postos de podio na segunda xornada do Campionato de España Júnior-Infantil por CCAA.

Marcos García Garay estableceu unha nova MMG de 18 anos en 200 bolboreta con un tempo de 2:04.13, acadando o segundo posto da categoría júnior.

Outros nadadores que acadaron resultados entre os tres primeiros foron:

Paula Otero Fernández, primeira en 200 bolboreta, 400 estilos e 400 libre infantil.

Amalia Blas Rodríguez, terceira en 800 libre infantil.

Carlos Souto Vilas primeiro en 400 estilos infantil.

Pablo Cabana del Amo, terceiro en 400 estilos infantil.

Equipo de remudas de 4X100 libre feminino infantil, terceiro posto.

Na clasificación por seleccións, en categoría infantil total, Galicia ocupa o 5º posto, en categoría júnior o posto 11º e na clasificación conxunta das dúas categorías, ascende con respecto á primeira xornada, alcanzando o 5º posto.

Acceso á web do campionato.