Xornada 1 do VII Cto. de España Júnior e Infantil por CCAA

20190215_nat_ccaa_x1

Comezou a disputarse en Castellón o VII Campionato de España júnior e infantil por CCAA, no que Galicia e unha das 16 seleccións participantes, con un total de 25 nadadores.

Nesta primeira xornada a nivel individual destacou a nadadora Paula Otero Fernández ao establecer unha nova Mellor Marca Galega de 15 anos en 100 bolboreta cun tempo de 1:03.75 que lle permitiu acadar o primeiro posto da proba na categoría infantil.

Nas clasificacións por seleccións, en categoría infantil Galicia ocupa o 5º posto total e en categoría júnior o posto 11.

Na clasificación conxunta das dúas categorías infantil e júnior ao remate desta primeira xornada, a selección galega ocupa o 7º posto.

Acceso á web do campionato.