Sinatura do Convenio RFEN-FEGAN tecnificación augas abertas

20190206_xer_sinatura_convenio

No día de onte levouse a cabo nas instalacións do CGTD de Pontevedra, o acto da sinatura do convenio de colaboración entre a Real Federación Española de Natación co seu Presidente Fernado Carpena e a Federación Galega de Natación co Presidente Carlos Touriño, para levar a cabo un programa conxunto de tecnificación de augas abertas entre as dúas entidades co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte. Así, deportistas do equipo nacional de clubes de fora de Galicia integraranse no programa que a FEGAN leva a cabo no CGTD.