Andrea Domínguez, Paula Otero e Pablo Cabana en Sierra Nevada

Andrea Domínguez Casabella do C. N. Ponteareas, Paula Otero Fernández do C. N. Liceo e Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas, bolseiros do CGTD, están convocados para participar nunha dobre concentración en altura que terá lugar en Sierra Nevada do 27 de xaneiro ao 9 de febreiro.

Andrea e Pablo, estarán co Equipo Nacional de Augas Abertas infantil e júnior, mentres que Paula está convocada co Equipo Nacional ESP-2024 de natación.

Para esta concentración tamén está convocada Luisa Domínguez, adestradora do CGTD como integrante do cadro técnico.