Xornada 2 do Cto. Galego de Natación Absoluto de Inverno OPEN

20181229_nat_cto_gal_abso_ana_martin

Ana Cernadas González e Martín Vázquez López continúan a bater mellores marcas galegas. Na xornada de onte Ana bateu a de 50 costas e 50 libre sendo rebatidas ámbalas nas finais que xunto coa de hoxe fai un total de 5 mellores marcas batidas e Martín bateu por tres veces a mellor marca en 50 costas que xunto coas dúas de hoxe fai un total de 5 mellores marcas batidas.

Catro mellores marcas na segunda das tres xornadas do Cto. Galego de Natación Absoluto de Inverno que se está a celebrar en Santiago na piscina Santa Isabel durante os días 28, 29 e 30 de decembro de 2018.

Mellores Marcas batidas

  • Martín Vázquez López do C. N. Portamiñá MMG 15 anos en 100 costas con 59.15 rebatida na final con 58.96

  • Ana Cernadas González do C. Fluvial Lugo MMG 14 anos en 100 costas con 1:04.95.
  • Julia Rodríguez Alonso do Real C. Náutico Vigo MMG 13 anos en 50 bolboreta con 30.21.

Clasificacións na xornada 2:

Feminina:

1. C. N. LICEO 15393.
2. C. N. GALAICO 15149.
3. C. N. PONTEAREAS 13331.

Masculina:

1. CLUB DEL MAR 17812.
2. C. N. GALAICO 17805.
3. C. N. LICEO 16468.

Total:

1. C. N. GALAICO 32954.
2. C. N. LICEO 31861.
3. CLUB DEL MAR 28295.

Ler máis.