Tecnificación Natación - Programa de seguimento

Dentro da actividade de tecnificación de natación vaise iniciar por segunda tempada o programa do Grupo Especial de Seguimento (GES) como apoio na formación dos nadadores novos para un futuro desenvolvemento competitivo e a actualización continua dos seus adestradores, aproveitando a estrutura do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) para realizar distintas sesións de adestramento.

A participación nesta actividade será a través de convocatoria/invitación a os deportistas seleccionados polos técnicos responsables do programa, e a os seus clubes e adestradores, para que comuniquen o seu consentimento/compromiso.

Ler máis.